¿Qué
pasou onte (25/9/12) en Madrid?
Miles de manifestantes rodearon o
Congreso dos Deputados en sinal de protesta pola actuación do Goberno e en
definitiva pola pasividade da clase política ante a grave situación pola que
atravesa o país.
¿Qué
papel xogou a policía?
A actuación dos antidisturbios foi
calificada de desmedida e excesivamente represora por un amplo sector da
cidadanía.
¿Qué
papel xogaron os manifestantes?
A excepción duns poucos exaltados os
manifestantes acudiron á movilización reivindicando o seu dereito a expresarse
libremente nunha marcha lexítima e autorizada.
Qué
papel xogou a clase política? ¿Cantos diputados asistían ao pleno?
Como cabe esperar nestes casos, as
valoracións sobre as actuacións dos políticos foron diversas segundo as
tendencias dos partidos, máis próximos ó goberno ou a oposición. Na actualidade
a cámara consta duns 350 deputados. Non podo especificar cantos acudiron nese
día exactamente
Qué
pasou no pleno do Congreso?
A sesión plenaria transcorreu con
normalidade, allea á manifestación e as protestas do exterior.
Por
qué foi a concentración. Quen chamou á concentración?
Polo descontento dunha cidadanía que
manifesta coma un clamor a súa indignación pola situación de extrema gravidade
que estamos a sufrir e pola intolerable pasividade que amosa a clase política.
Numerosos colectivos sociais, cidadáns “de a pé”, xente de todo tipo e sen
tendencias políticas determinadas, simplemente desencantados e descontentos.
Onde
vistedes as noticias?
Prensa escrita, televisión, e radio.
Cómo
valorades esa información recibida?
Ampla e diversa. Desafortunadamente
sesgada nos medios de carácter máis “gobernamental”.
Qué
lle faltaba a esa información?
Máis obxectividade.
Qué
consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?
Miles de persoas saíron o día 25 ás
rúas de Madrid para reclamar, de xeito pacífico, reformas políticas, sociais e
económicas que poidan garantir o benestar da maioría dos cidadáns e unha
democracia máis aberta que escoite e de resposta ás necesidades dunha sociedade
convulsa e desencantada. Durante estas manifestacións, a policía cargou en
numerosas ocasións, ferindo a 12 persoas e detendo a máis de vinte.
¿Qué
outras preguntas habería que facerse?
Como é posible que os deputados non
“deran a cara” ante esta situación tan grave?
Como se pode tolerar a resposta do
presidente Rajoy, que eloxiou aos cidadáns que quedaron na casa?
Como se pode asistir a un panorama de
desolación democrática onde as institucións parecen non entender nin escoitar
as voces dos electores defraudados?
Porque ten que pagar os pratos rotos
da crise financieira a clase traballadora?
No hay comentarios:
Publicar un comentario