Maika Aguado
Título do artigo
“ El síndrome de inmunodeficiencia social”
Medio de publicación
El Mundo
Autor
José Antonio Marina Muñoz
Breve biografía
Neto do tamén filósofo toledano Juan Marina Muñóz, José Antonio Marina é catedrático excedente de filosofía, e Doutor Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia. Estudou filosofía na Universidade Complutense e durante ese tempo fundou varias revistas e dirixiu varios grupos teatrais.
O seu labor investigador centrouse no estudo da intelixencia e o pensamento diverxente, en especial dos mecanismos da creatividade artística (na área da linguaxe sobre todo), científica, tecnolóxica e económica. Elaborou unha teoría da intelixencia que comeza na neuroloxía e conclúe na ética. Os seus últimos libros tratan da intelixencia das organizacións e das estruturas políticas. Colabora en prensa (Suplemento cultural Crónica Del mundo, El semanal etc.), raio e televisión. Nos últimos anos participou en faladoiros e debates en Radio Nacional de España. Escribiu ensaios e artigos xornalísticos e é autor do libro de texto da materia "Educación para a Cidadanía".
O seu labor investigador centrouse no estudo da intelixencia e o pensamento diverxente, en especial dos mecanismos da creatividade artística (na área da linguaxe sobre todo), científica, tecnolóxica e económica. Elaborou unha teoría da intelixencia que comeza na neuroloxía e conclúe na ética. Os seus últimos libros tratan da intelixencia das organizacións e das estruturas políticas. Colabora en prensa (Suplemento cultural Crónica Del mundo, El semanal etc.), raio e televisión. Nos últimos anos participou en faladoiros e debates en Radio Nacional de España. Escribiu ensaios e artigos xornalísticos e é autor do libro de texto da materia "Educación para a Cidadanía".
Obras
O escritor e filósofo ten no seu haber polo menos 40 obras entre libros e ensaios. Podemos destacar entre eles: La selva del lenguaje (1998), Dictamen sobre Dios (2002), El misterio de la voluntad perdida, (1998), La inteligencia fracasada: teoría y práctica de la estupidez, Aprender a vivir (ambos os dous do 2004), ou o último publicado baixo o título de La inteligencia ejecutiva (2012). Recibiu varios recoñecementos ao longo da súa carreira, como o premio xornalístico Andrés Ferret, ou o Juan de Borbón, entre outros. Colabora habitualmente na prensa (Suplemento Cultural Crónica del Mundo, El Semanal etc.), radio e televisión.
Resumo
A través destas liñas, o autor invítanos a reflexionar con pensamento crítico sobre o que denomina : “Síndrome de inmunodeficiencia social”, establecendo unha comparación entre o organismo humano e o tecido social. ¿Que ocorre cando un organismo perde a súa capacidade de defensa contra un axente patóxeno externo?. No artigo, e de xeito metafórico, identifica a sociedade ou o ámbito social co organismo, e o axente patóxeno podería ser "a falta de pensamento crítico" xa que como nos indica, ás veces ata semella que nos gusta que nos estafen, e mesmo vémolo normal, xa que dalgún xeito nós incitamos estes comportamentos coa nosa pasividade. Afirma que o normal nunha sociedade democrática coma a nosa sería debater sobre estas cuestións, xa que o debate é o cerne do Estado de Dereito, pero lamentablemente este nunca chega a producirse ou simplemente remata nun mero intercambio de actitudes demagóxicas e carentes de sentido. A crítica xa non existe, e coma un “todo vale”. Fálanos da tolerancia, e fai fincapé en que non se pode ser tolerante coa falta de pensamento crítico, e prosigue: “Ás veces hai que ser politicamente incorrecto e debater con sentido crítico, xa que se mantén sempre que a tolerancia é a gran virtude da democracia. Iso é unha falacia, xa que a sociedade non é tolerante cos violentos, nin cos violadores ou criminais, de feito os penalizamos e mantemos encerrados nos cárceres, “Isto é un exemplo de intolerancia” conclúe. Opina tamén sobre a actitude que se debería ter fronte o ben e o mal. O seu xuízo, o mal é intolerable e polo tanto criticable e susceptible de atacalo e erradicalo, e o bo, digno de conservarse e polo tanto tolerarse.
Critica de igual xeito aos que se inhiben de opinar ou de tomar partido coa frase de: "Quen son eu para xulgar iso". Pola contra invita á sociedade en xeral a participar coa súa crítica e o seu xuízo. Considera imprescindible esta actitude, xa que pensa que todo o que ocorre nos afecta directamente ao pertencer a esta sociedade, e por conseguinte deberiamos sentirnos responsables de intentar mellorala. Fala tamén das “defensas” para evitar estes ataques, por exemplo fronte á corrupción, que ao ter un efecto onda e expandirse coma un virus, resulta imprescindible erradicar. Para fortalecer as defensas da sociedade ante estes ataques ofrece solucións que pasan pola intolerancia ante calquera causa ameazadora –falamos da corrupción- e susceptible de combatela.
Sostén que para fortalecer o sistema inmunitario social e precisa a utilización de fármacos eficaces, e o mellor exemplo deles é sen dúbida o castigo exemplar (de novo a comparación do enfermo coa sociedade e o virus coa corrupción que a invade). Recórdanos igualmente, que votar sempre ao mesmo partido político, aínda que sexa ineficaz ou os seus membros corruptos, non é unha bo mostra de sensatez política. Incluso opina que as propias ideoloxías deberían – elas mesmas- someterse ao pensamento crítico.
O último punto do texto fálanos da ética para regular as institucións, e enumera catro delas como fundamentais para asegurar o progreso e a convivencia: Democracia, tecnoloxía, racionalidade científica e mercado libre.”Todas estas institucións poderían ser suicidas se non estiveran sometidas a un marco ético”, exponnos Marina Muñóz. Neste sentido, apoia o seu punto de vista citando o exemplo histórico de Herodoto: “Cando morría o rei de Persia quedaban en suspenso todas as leis durante cinco días. Eran cinco días de horror”.
Un xeito sanguinario, segundo o autor, de ensinar ao pobo o que pode ocorrer se vivísemos sen leis. Afortunadamente, conclúe, vivimos nunha democracia e podemos utilizar outras armas contra os virus, como por exemplo o rexeitamento social, o illamento ou a repulsa, estas son terapias contundentes, afirma. En sentido contrario apunta ao respecto, a admiración o aplauso e o premio. Por último, alértanos da gran importancia da educación como peza esencial nesta terapia de ataque facendo unha chamada ao optimismo para tentar conseguilo.
Claves do texto
As claves do texto fan referencia fundamentalmente á educación e a participación cidadán na vida política . Ao fío do discurso que se extrae do Cumio de Lisboa achéganos a preocupación da Unión Europea pola necesidade de fomentar a implicación da cidadanía nestes asuntos, coa finalidade de evitar o afastamento entre a sociedade civil e a política.
Esta foi ai dea inicial da proposta europea da materia de Educación para a Cidadanía. Combater a corrupción mediante o rexeitamento social e outros comportamentos que deben ser encamiñados na busca dun efecto expansivo e contrario ao virus. E dicir, imitar ao virus pero en sentido inverso. Ofrécenos exemplos históricos, citando a varios autores como Machado, Herodoto ou Diego Medrano.
Discurso e política de intencións amplamente compartida, cun contido común inspirado nos documentos do Consello de Europa
Cracovia 2000-Resolución do Consello de Ministros de Educación
Recomendación de 2002 Educación para a Cidadanía Democrática
Textos normativos e lexislación, a Constitución de 1978 é unha referencia no texto. Constitucións e Leis de Educación: Todas recollen os principios e valores democráticos
Educación: Práctica e efectiva xa dende o ámbito local.
Cracovia 2000-Resolución do Consello de Ministros de Educación
Recomendación de 2002 Educación para a Cidadanía Democrática
Textos normativos e lexislación, a Constitución de 1978 é unha referencia no texto. Constitucións e Leis de Educación: Todas recollen os principios e valores democráticos
Educación: Práctica e efectiva xa dende o ámbito local.
Profesorado e metodoloxía: Participación e carácter innovador, propiciando a aprendizaxe co exemplo.
Organización escolar: cultura democrática interna, calidade, relación escola-comunidade local
Aprendizaxe perdurable.
Competencia cívica e social transversal: Exemplo permanente de comportamento ético na sociedade.
Organización escolar: cultura democrática interna, calidade, relación escola-comunidade local
Aprendizaxe perdurable.
Competencia cívica e social transversal: Exemplo permanente de comportamento ético na sociedade.
Fontes
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA
HERODOTO
Texto de Herodoto falando do rei persa, en referencia aos cinco días de liberdade absoluta e sen leis.
O INFORME CRICK
Os obxectivos que plantexa o nforme Crick son os seguintes:
- Fomentar a responsabilidade social e moral.
- Fomentar a implicación comunitaria.
- Ampliar a cultura política (political literacy)
“La clave de la competencia política reside en la predisposición a la acción, no en lograr análisis teóricos sofisticados” Informe Crick, 1978
DIEGO MEDRANO
«Hay que dejar el pesimismo para tiempos mejores». Autor Diego Medrano do libro do mesmo título.
PROFESORADO E METODOLOXÍA
Web con información da autora Carmen Pellicer Iborra, licenciada en Teoloxía e pedagoxía.
CASTIGO EXEMPLAR
MANIQUEISMO
Observo no autor unha actitude claramente maniqueista e dogmática, déixovos un enlace que fala desta doctrina.
Maniqueísmo: “Actitud que tiende a valorar las cosas como buenas o malas, sin términos medios” o “Doctrina basada en dos principios absolutos opuestos entre sí”. Esta doctrina surge como religión de tipo dualista (oposición entre el bien y el mal como eje) y gnóstico (idea de un conocimiento absoluto), que se fundó en Persia por el sabio Mani o Manes, a quien sus seguidores consideran divinamente inspirado.
Como toda doctrina de tipo gnóstico fue considerada hereje y sectaria por la iglesia, lo no que impidió su extensión por todo el imperio romano, Asia Central, China y el imperio musulmán y según algunos teólogos, su culto aún sobrevive en la actualidad. Los maniqueos creían (o según dicen, todavía creen) que había una eterna lucha entre dos principios opuestos: el Bien y el Mal, que se asocian ala Luz y a las Tinieblas, también creían que el espíritu del hombre es de Dios y el cuerpo del demonio.
Como toda doctrina de tipo gnóstico fue considerada hereje y sectaria por la iglesia, lo no que impidió su extensión por todo el imperio romano, Asia Central, China y el imperio musulmán y según algunos teólogos, su culto aún sobrevive en la actualidad. Los maniqueos creían (o según dicen, todavía creen) que había una eterna lucha entre dos principios opuestos: el Bien y el Mal, que se asocian a
A túa achega está orientada á conclusión de Marina, a relevancia da educación para conseguir un sociedade na que os cidadáns teñan actitudes críticas e reflexivas sobre todos os aspectos que lles atañen. ë un punto de vista. Pero no texto, hai unha denuncia moi clara sobre o estado de corrupción xeralizado e a aceptación do mesmo por parte da ciudadanía, que ten moita relevancia na situación actual. En todo caso, a perspectiva da mensaxe é unha valoración moi persoal e respetable.
ResponderEliminar¿Onde están os problemas máis de carácter formal?: falta un título propio, non o título do propio artigo. Un título que resumira a túa investigación.
Non está ben referenciado o artigo de Marina, a pesar que no guión do traballo aparece.
Pero as fontes que aportas tampouco están ben referenciadas.
Non hai conclusións, agás á afirmación de que Marina postula unha postura maniquea, sen explicar o porque.
Argumentos, fontes e conclusións eran os eixos do traballo. Documentarse e sinalar correctamente esa documentación e valorar porque esos documentos son significativos era o aspecto no que había que traballar.