Comentario WEB Maika Aguado
A aparición da WWW, débese fundamentalmente ao avance das telecomunicacións, e o uso global do teléfono móvil. O software perfeccionouse ata chegar a integrarse perfectamente co aumento da velocidade dos ordenadores. Basta dicir, que cun móvil de última xeración, e acceso a Internet, calquera podería ter ao seu alcance máis tecnoloxía ca un espía da CIA nos anos 70.
É importante diferenciar que Internet non é a WWW, Internet é a rede, o conxunto de ordenadores e servidores, mentres que o WWW é o universo de “páxinas” relacionadas e enlazadas entre sí. O WWW foi desenvolvido por 2 científicos británicos Tim Berners Lee e Robert Cailiau, que comezaron a investigar en torno ao ano 1989. Naquela época, o primeiro navegador ou browser só facía interfaces de tipo “Texto”, sen imaxes. Este segue o mesmo modelo que o actual, cliente/servidor. Para poder funcionar necesita un protocolo HTTP, un enderezo URL, e unha linguaxe pra representa o hipertexto que é o HTML. O protocolo HTTP - en inglés trasnferenza de protocolo de hipertexto- fai posible a comunicación entre cliente e servidor. Para saber onde está o servidor creouse o URL. Mediante tecnoloxía TCP/IP identificando o URL, establecemos ese contacto cliente/servidor no noso ordenador na páxina do navegador (Opera, Google Chrome ou Firefox) que converte a linguaxe en imaxes, ou páxinas totalmente accesibles á vista.
Pra poder entender como funciona, basta con coller o ratón e premer o botón dereito en calquera páxina e buscar a opción “ver código fonte da páxina”; aparécenos unha ventá con cantidade de letras, algo parecido a Matrix, esa ventá con datos “o código fonte” é a o que o navegador transforma en páxinas, mediante a conversión do HTML en linguaxe visual, vídeos etc. Afortunadamente a tecnoloxía está para axudar e non para complicarnos a vida, por iso soamente a xente especializada desenvolve ese tipo de traballo, e dicir, os programadores ou compiladores. Aos usuarios normais que somos a maioría, bástanos saber que só precisamos facer un click para ter acceso a calquera páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario