jueves, 18 de octubre de 2012



Comentario  Hipertexto                                 Maika Aguado



O texto de literatura, traducción e documentación no medio hipertextual realizado por Carlos Moreno Hernández, profesor da Uned na Universidade de Valladolid, reflicte a importancia que tivo, e que aínda tén, a documentación no ámbio hipertextual. Unha tecnoloxía que organiza unha base de documentación en diferentes bloques de contidos, que a súa vez están conectados mediante enlaces cos que se pode acceder á información. Esta idea é tan antiga coma a mesma documentación. Podémola datar hai  máis de 2000 anos na época da Biblioteca de Alexandría. Naqueles tempos, toda a información gardábase en papel, e había que documentar en base ás palabras relacionadas,  (neste caso escritas en papiros) para ter acceso a eles.
 Hoxe en día, a maioría da información atopámola en formato dixital. O ordenador ten absorbido a vella idea de relacionar textos, traducilos e crealos. Agora podémolo facer cun click, e cunha soa máquina. As veces esquecemos que a traducción é unha forma de relacionar textos e culturas por medio de codificadores e decodificadores, comezando polo cerebro do autor. No caso de relacionar textos entre sí, de diferentes idiomas pode producir que o autor quede desprazado en menor ou maior medida, xa que o traballo é desenvolvido polo ordenador mediante un programa de traducción, o que implica unha recreación do original, polo que podemos deducir que o término traducción ten connotacións hipertextuais, xa que vincular culturas é un xeito de unir mediante textos.
Esta idea, podémola atopar nas obras de diferentes autores ao longo da historia, coma por exemplo Marcel Proust ou o irlandés James Joyce. Unha unión que pode ser incluso alfa-numérica,  según Descartes e Leibniz, da que temos un claro exmplo na máquina codificadora que utilizaban os alemáns para cifrar as mensaxes na 2º Guerra Mundial, mediante a conversión de letras en números, que ven sendo o hipertexto. A denominada “máqina enigma”. Trátase de simplificar, -xa que aforrar tempo e base de toda documentación- incluso na rede de redes como é Internet, o importante é atopar ese link ou vínculo axeitado cada vez que o necesitemos. De tódolos xeitos no é o mesmo accesibilidade que disponibilidade.

Todas estas ideas  anteriores á época de Internet,  reflíctense na forma de facer ensaios, na  nova literatura, nos proxectos actuais. Novos xeitos de lectura, iconos, formatos dixitais etc. Agora, usando palabras coma “lectio ou glosa” podemos ter acceso as anotacións do libro dixital que estemos a ler, acceder ao seu rexistro de datos, bibliografía e mesmo citas. As posibilidades son infinitas, só é preciso saber buscar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario