Comentario Internet
Internet é unha rede mundial de redes de ordenadores que tivo a súa orixe nunha rede chamada Arpanet, inicialmente utilizada polos militares durante a guera fria, e que derivou no seu uso global e totalmente civil no século XXI. Con máis aparatos e gadgets conectados a internet que o número de persoas sobre a terra, é un fenómeno que nos afecta a tod@s, querámolo ou non. Estamos a falar de mais de 7000 millóns de aparatos, entre móviles, tabletas e pc, e esta cifra será dobrada no ano 2015.
Internet non só é unha forma máis de comunicarse entre sí, é tamén unha gran base de datos e un centro de documentación sen precedentes, sería algo así coma a Biblioteca de Alexandría do século XXI. Ademáis de recoller información tamén se pode establecer contacto entre moitos ordenadores, e compartir arquivos, sons, ficheiros, imaxes entre eles, tanto se se atopan conectados no mesmo edificio, como a miles de kilómetros de distancia. De este xeito, as distancias desaparecen, e so fai falla ter un ordenador ou un dispositivo que poida conectarse a internet (hoxe en día a maioría dos móviles e tabletas poden facelo), unha compañía telefónica ou proveedor de servizos coma podería ser Vodafone, e xa estariamos conectados.
Con premer un botón estes trebellos electrónicos, facilítannos a tarefa de conexión. Xeralmente eles se conectan a Internet usando un enderezo, que se chama IP, e ese enderezo comunícase cun servidor ou ordenador que teña acceso a Internet, e mediante un protocolo ou unha linguaxe interna que usan estes aparatos pra comunicarse, danche a facilidade de poder conectarte a Internet. Xeralmente non nos decatamos deste proceso, xa que é unha comunicación interna entre eles, incluso as veces este proceso vai protexido ou encriptado, e pasa por servidores que están noutros países. Ademáis de utilizar unha linguaxe especial, chega ata a nosa pantalla mediante a conversión desta linguaxe gracias aos navegadores, que son programas que nos permiten interactuar co noso ordenador de xeito múltiple, dende falar mediante un chat ou mensaxería instantánea, ou correo electrónico, a compartir arquivos con outras persoas, grazas a Dropbox, ou mediante FTP, ou algot tan sinxelo como leer o xornal, ou ver as noticias en Internet. As posibilidades son enormes, so hai que saber cómo, cándo e onde buscar.
[i] Cisco IBSG, Jim Cicconi, AT&T, Steve Leibson, Computer History Musem, CNN, University of Michigan, Fraunhofer. http://visual.ly/internet-things-0
No hay comentarios:
Publicar un comentario